viernes, 23 de marzo de 2018

NOV@ COMPAÑEIR@


Comezamos unha nova experiencia na clase de informática: ROBÓTICA.
Aprenderemos con robótica realizando actividades lúdicas de inicio á programación
 utilizando robots educativos. 


Observamos, exploramos, probamos

jueves, 22 de marzo de 2018

PESCA DE ARRASTRE EN EF


Rastrillamos o fondo da ría en busca de vieiras e zamburiñas
 

Traballamos os desprazamentos, o traballo en equipo, a coordinación,...sen olvidarnos de pasalo ben!

viernes, 9 de marzo de 2018

"Día da MULLER" e "Semana da prensa"

Esta semana unimos "Día da Muller", "Semana da prensa", Educación Físca e Informática.
Accedemos á prensa dixital (uso dos buscadores de internet, teclado...) para buscar unha noticia deportiva importante (medalla de bronce de Ana Peleteiro). 
Dedícaselle escaso espazo á muller na prensa deportiva, que pena! 
Lemos os titulares e reproducimos o vídeo do salto  (utilizamos play, pause, pantalla completa...) 
E para rematar...a nosa versión do triplo salto en Educación Física.


viernes, 2 de marzo de 2018

Adestramento percebeiro

Saltamos de rocha en rocha como percebeiros. Hai que ter moito coidado, que traballo máis perigoso! A marea sobe e a cousa complícase, menos rochas onde poñernos a salvo.

Traballamos saltos, equilibrio dinámico, resolución de problemas e...divertímonos!

Navegando pola rede


Investigando sobre diferentes aparellos de pesca en informática

viernes, 23 de febrero de 2018

Felicidades Rosalía!

Os nenos traballaron duro para facerche este agasallo, a pesar das dificultades técnicas que nos atopamos.
Un caldiño para celebralo?

jueves, 22 de febrero de 2018

Aparellos de pesca (2): Nasas

Segundo capítulo para adestrar como un bo mariñeiro e coñecer diferentes aparellos de pesca a través da Educación Física. 

  
Hoxe tocou facer nasas e probalas. Os peixes grandes quedaban atrapados e os pequeniños conseguían escapar. Traballamos a concentración, control corporal,  axilidade e, como sempre, desfrutamos.