domingo, 12 de noviembre de 2017

HOLOGRAFÍA

Esta semana na aula de informática fixemos unha  holografía. Podiamos ver a imaxe en 3D pero non a podiamos tocar, era como facer maxia! Deixámosvos unhas fotos, un vídeo dos nenos explicando os materiais que precisamos para facela na casa e un enlace no que se explica paso a paso como fabricala xa que algún neno estaba moi interesado en facela na súa casa.
A divertirse! 






Pincha aquí para ver paso a paso

miércoles, 1 de noviembre de 2017

Adestrando para Samaín


Esta semana cazamos pantasmas e bruxas, fixemos apócemas,
corremos polo cemiterio en busca de ósos para construír esqueletos
e buscamos á pantasma azul.
Que ben o pasamos!


Corremos, manipulamos, concentrámonos, bailamos,
lanzamos, observamos... divertímonos!

Benvid@s


Este blogue pretende ser unha xanela para mostrarvos un pouquiño
do que facemos aquí. Estades convidados a abrila cando queirades.
Un saúdo a tod@s

https://i.pinimg.com/originals/e1/d1/7d/e1d17dd66e15247731e8b7f4f875dc46.png