miércoles, 20 de diciembre de 2017

A quen lle gusta...? quen probou...?

Esta semana comezamos as nosas actividades relacionadas co Plan Proxecta "Aliméntate ben: O sabor da aventura está no mar". Os máis pequenos coñeceron aos Arroases e soubemos cales probaron e cales son os preferidos.
Xogo "A quen lle gusta...? quen probou?": a profe pregunta se probaron ou lles gusta cada un deles, se a resposta é si deben desprazarse en carreira ata a zona central e volver á súa posición. Despois serán eles quen faga as preguntas con outros produtos do mar.

lunes, 18 de diciembre de 2017

O Apalpador na aula de TIC

 
Estes días estivemos a traballar a figura do Apalpador, deixámosvos unha ligazón coa súa historia e un LIM con actividades interactivas.


miércoles, 13 de diciembre de 2017